Deikí

Presume de orixe, Somos Deikí. Camisetas, tazas, bolsos, roupa pra nenos, agasallos…

Recently added item(s)

TERMOS E CONDICIÓNS DE USO

Óscar Gamallo González, como autónomo baixo a nome comercial Deikí, e neste caso o sitio www.deiki.eu , réxese pola Lei española, pola Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI) e en particular pola vixente Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Calquera web que permita a inclusión de contido en tempo real de usuarios, como emprestador do servizo, en virtude á Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico non é responsable do contido almacenado a petición do usuario, sempre que non exista coñecemento efectivo, entendéndose como coñecemento efectivo, que un órgano competente teña declarado ese contido ilegal e fose notificado de forma oficial ao provedor de servizo.

O acceso ou utilización do portal, de todos ou parte dos seus contidos significa a plena aceptación das presentes condicións de uso. A posta a disposición e uso do portal enténdese sometida ao cumprimiento dos termos recollidos nas presentes condicións de uso do portal.

En consecuencia, recoméndase ao Usuario a lectura periódica das mesmas, xa que poden estar suxeitas a modificacións.

Así mesmo, a condición de Usuario implicará a aceptación plena da Política de Privacidade de deiki.eu

1. Información e Servizos

O Usuario é o único responsable da información contida no seu perfil persoal e debe ser consciente da posibilidade de visionado dos mesmos por parte de terceiros.

O portal resérvase a facultade de modificar, en cualquera momento, e sen aviso previo, a presentación e configuración da información e servizos ofrecidos desde o portal. O usuario recoñece e acepta expresamente que en calquera momento o portal poida interromper, desactivar e/ou cancelar calquera información ou servizo. O portal realizará os seus mellores esforzos para intentar garantir a disponibilidade e accesibilidade á web. Porén, en ocasións, por razóns de mantemento, actualización, cambio de ubicación, etc., poderá supoñer a interrupción do acceso ao portal.

2. Obrigas do Usuario

O usuario debe respectar en todo momento os termos e condicións establecidos no presente aviso legal. De forma expresa, o usuario manifesta que utilizará o portal de forma dilixente e asumindo calquera responsabilidade que puidera derivarse do incumprimento das normas.

O usuario obrígase, naqueles casos que se lle soliciten datos ou información, a non falsear a súa identidade facéndose pasar por calquera outra persoa. O usuario acepta que a utilización do Portal será efectuada con fins estrictamente persoais, privados e particulares. O usuario non poderá utilizar o portal para actividades contrarias á Lei, a moral e a orde pública así como para finalidades prohibidas ou que vulneren ou lesionen dereitos de terceiros.

3. Cumplimiento LOPD

De conformidade co establecido pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, o portal adopta para o tratamento dos datos todas as medidas técnicas e organizativas de seguridade que sexan de obriga, de conformidade co establecido pola lexislación vixente.

Os datos dos usuarios rexistrados a través dos formularios habilitados ao efecto no sitio web deiki.eu son solicitados por Deikí coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos, especificamente o acceso mediante nome de usuario e contrasinal.

O usuario manifesta de forma expresa que calquera dato persoal ou dun terceiro ao que acceda, introduza, modifique ou suprima ten dereito a facelo ou dispón da autorización expresa deste terceiro. O portal informa ao usuario que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dirixíndose á seguinte dirección: somosdeiki@gmail.com

Consentimento expreso e inequívoco

O usuario presta o seu consentimento expreso e inequívoco para que o tratamento dos datos recolleitos coa finalidade prevista nos parágrafos anteriores se efectue a través dos servidores situados nos datacenters de wordpress.

O usuario garante que os datos persoais facilitados a Deikí son veraces e faise responsable de comunicar ao mesmo calquera modificación dos mesmos.

4. Propiedade Intelectual e Industrial

Todas as marcas, nomes comerciais, logotipos, signos distintivos de calquera clase que aparecen en deiki.eu son propiedade de Deikí ou de terceiros, sen que poida entenderse que o uso e acceso a esta web e a utilización dos seus servizos atribúa ao Usuario dereito algún sobre as citadas marcas, nomes comerciais, logotipos e signos distintivos.

Así mesmo, os contidos que sexan propiedade intelectual de Deikí ou de terceiros, non poderán entenderse cedidos ao Usuario.

5. Exclusión de garantías e de responsabilidade

Exclusión de garantías e de responsabilidade polo funcionamento do software, en relación aos contidos, posibilidade de virus e eficacia das medidas de seguridade.

Deikí non garante:

  • a ausencia de erros ou defectos no software e nos contidos ofrecidos en deiki.eu.
  • a ausencia de virus e/ou calquera outro tipo de compoñente daniño tanto en deiki.eu coma nos servidores encargados do seu mantemento.
  • a total eficacia sobre as medidas de seguridade adoptadas. Deikí exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse a erros do software, ou nos contidos, ou á presenza de virus que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos Usuarios.

Deikí non garante a licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos.

Deikí exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á transmisión, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, polos danos e prexuízos que poidan deberse á infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, dos segredos empresariais, de compromisos contractuais de calquera clase, dos dereitos á honra, á intimidade persoal e familiar e á imaxe das persoas, dos dereitos de propiedade e de toda outra natureza pertencentes a un terceiro como consecuencia da transmisión, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos.

6. Denuncia ante Deikí

No caso de que calquera Usuario, visitante, ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito de calquera contido ou da súa utilización, deberá porse en contacto con Deikí a través de somosdeiki@gmail.com, ou ben a través dos datos de contacto indicados en deiki.eu e nas presentes Condicións Xerais, indicando sempre os datos persoais do reclamante (nome, dirección, número de teléfono e dirección de correo electrónico) e a suposta actividade ilícita levada a cabo en deiki.eu e a súa motivación que revelen devandito carácter ilícito.

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. A interpretación e resolución de calquera conflito que se poida derivar da participación do Usuario nos servizos de deiki.eu estará suxeita ás Leis vixentes no Reino de España.

7. Condicións de envío e devolucións

Os envíos enviaránse nos 5 días seguintes á recepción do pedido e ingreso aproximadamente, salvo naqueles casos de falta de stock nos que contactaremos co usuario para informarlle do retraso.

Deikí non se responsabiliza dos retrasos debidos a terceiros.

O tempo medio de recepción dos pedidos será de 7-10 días.

Non se aceptan devolucións. No caso de que o produto estea defectuoso ou tivera habido algún erro no pedido poden contactar con somosdeiki@gmail.com.